venres, 28 de febreiro de 2014

LUNDI 24 et MARDI 25 FÉVRIER



Na clases desta semana  repasamos e profundizamos no vocabulario das partes da casa, así como dos diferentes tipos de inmobles, mobles e complementos.

En canto o luns, o docente Carlos explicounos en que consiste e cómo realizar a tarefa 3, que na miña opinión me parece moi interesante, xa que é unha maneira de  coñecer diferentes lugares  de Francia  e familiarizarse co diferente vocabulario relacionado coa vivenda dun xeito creativo, divertido e cooperativo.

Nesta clase comezamos a coñecer algún vocabulario, que o día seguinte, na sesión do martes ampliamos e clasificamos coa docente Patricia. Puidemos traballar os diferentes tipos de edificacións, as partes dunha casa e os mobles que hai en cada unha delas.

Toca traballar durante todo o Entroido para buscar un sitio en Francia, elixir vivenda e crear e decorar a miña propia habitación.

 


Au revoir!!!

Ningún comentario :

Publicar un comentario