Despois dunha semana de Entroido,
continuamos nas clases A e B repasando os diferentes tipos de vivenda e sobre
todo, os diferentes lugares da casa e os seus elementos. Dicir que me gusta
moito este tipo de vocabulario, xa que ten termos que quedan facilmente o
parecerse os da lingua inglesa e galega.
As clases A fánseme un
pouco duras xa que o ser tantos na clase as veces é imposible centrarse., aínda
así creo que é moi beneficiosa xa que alí é onde temos o primeiro contacto co
que imos dando na hora b.
En canto a hóra B desta
semana dicir que me gustou moito o ser tan dinámica, xa que o poder traballar por parellas axuda a
perder a vergonza e axudarse máis entre os compañeiros e compañeiras.
Ningún comentario :
Publicar un comentario