Amosando publicacións coa etiqueta Dossier. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dossier. Amosar todas as publicacións

venres, 9 de maio de 2014

TÂCHE 5: COURSE D'ORIENTATION À PONTEVEDRA



1. Comment t´est-tu organisée pour réaliser cette  tâche ?
Para a realización desta tarefa primeiramente púxenme en contacto co meu compañeiro Iago é rapidamente buscamos a outras dúas compañeiras para formar o grupo. Unha vez consolidado o grupo o compañeiro Iago creou o evento no Facebook e decidimos chamarnos equipo “Lion”. Durante a realización do itinerario entre todos nos axudamos e intentamos facelo o mellor posible. Despois de realizar o itinerario, os meus compañeiros facilitáronme os seus correos electrónicos  e creei o prezi compartido. A partires de aí entre todos colaboramos no prezi. Unha vez metidos e organizadas as fotos e descrición procedemos a gravar os audios e subilos.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
A maior dificultade á hora de realizar esta tarefa foi a conexión con prezi, xa que desta vez o levar moitas fotografías colgábase continuamente. Unha das nosas dificultades como grupo á hora de realizar o itinerario foi o lío que nos causaba as rotondas, xa que entendíamos o contido pero non sabiamos por onde era a saída correcta.

3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
Con esta actividade aprendín claramente o vocabulario relacionado con indicacións, os nomes das diferentes institucións así como os diferentes comercios. Por suposto esta tarefa serviume para coñecer máis a fondo Pontevedra, xa que aínda que coñecía os lugares descoñecía a súa historia. Finalmente facer referencia que este tipo de actividades fan que se aprenda a traballar en grupo, a ser obxectivo, coherente e compañeiro/a.
4. Quel est ton avis général sur la tâche?
Esta actividade é un claro exemplo dunha metodoloxía adecuada e eficaz, xa que o ter que realizar o itinerario de forma práctica fai que te quedes moito mellor co vocabulario e sobre todo que se esperte un interés por aprender. E non solo se traballa vocabulario senón que tamén traballamos o ambiente que nos rodea no día a día.

xoves, 10 de abril de 2014

TÂCHE 4: UNE SUPER SOIRÉE


1. Comment t´est-tu organisée pour réaliser cette  tâche ?
Unha vez que souben que a tarefa se debía realizar con compañeiros/as cos cales nunca traballásemos, dirixinme a falar con Raquel Martínez, persoa coa que teño certa confianza pero coa cal nunca traballara. Pasados un minutos chégame unha mensaxe o Facebook da compañeira Judith, coa que nunca traballara tampouco,  preguntoume se podía formar parte do meu grupo, e xuntas formamos o noso pequeno grupo.

Cando xa estábamos tres persoas no grupo, comentamos a posibilidade de elixir Xinebra como destino, todas de acordo dirixinme a crear o evento en Facebook. Este sistema foi unha ferramenta onde nos puxemos en total contacto entre nós, entre todas buscamos diferentes hoteis e restaurantes así como en grupo decidimos cal era máis convinte e de que maneira.

Tendo o lugar decidio  Judith elaboru a plantilla do Prezi e compartiuna connosco. Entre todas realizamos un prezi cooperativo, cada día cada unha das integrantes traballaba un  pouco o prezi, e finalmente, unha vez tido a corrección das descricióndirixínme a realizar ao audio da descrición de Raquel, para iso utilicei a pronunciación do diccionario larousse. Una vez tidos todos os audios supervisados engadimolos o prezi, e finalmente demoslle un repaso a todo para intentar que non se nos escapase o mínimo detalle.
 

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?

Realmente non tiven ningún problema que me dificultase gravemente a realización da tarefa, aínda que é de comentar que as veces o prezi quedábase “colgado” o que por uns minutos dificultaba a realización da tarefa, polo do resto ningunha outra barreira.
Por outro lado outra dificultade que tiven foi á hora de ler a descripción da compañeira, xa que moitas palabras as descoñecía e non sabía como se pronunciaban.
 
3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?

Esta tarefa serviume para ver que traballar con persoas diferentes fanme estar máis pendente da tarefa, coidar o mínimo detalle, ter as cousas máis o día posible; serve tamén para  entrelazar diálogo e confianza con outras persoas polo ben do traballo en común.

Con respecto o vocabulario foi unha tarefa que me aportou e recordou gran cantidade de vocabulario, formas verbais, conectores…



4. Quel est ton avis général sur la tâche?


Para min esta tarefa foi unha das experiencias máis gratificantes ata agora, xa que me permitiu saír do meu grupo e ver outras formas de traballar, de responsabilidade, de rutina… Con isto non digo que as anteriores fosen malas, senón que todo que sexa aprender é bo para o noso aprendizaxe, e as veces é aconsellable saír e traballar fóra do habitual.
Como conclusión recalcar que a  cooperación e participación do grupo foi moi positiva, xa que entre todas axudámonos unhas a outras, espero que o poidades ver con detalle na presentación de prezi.