martes, 13 de maio de 2014

VALENTINA À PARIS


    Valentina en París é un libro que atopei o outro día na Biblioteca do Campus de Pontevedra.  Este libro pertence a unha colección que pretende apaixonar aos nenos e nenas para que viaxen, existen outros libros como: Valentina en Nueva York, Valentina en Barcelona, Valentina en Madrid, entre outros.

    Valentina en Paris  é un libro no que unha nena viaxe a París e visita cada un dos seus monumentos máis coñecidos, así como se centra no mundo da moda. Valentina é unha nena moi curiosa e aventureira que non para de facer preguntas, quere saber e entender as cousas, e sobre todo quere coñecer o mundo.

    Contarlles este tipo de contos aos nenos é unha maneira divertida é sinxela para que coñezan novos lugares, novos monumentos, novas costumes, novas comidas e incluso novos idiomas. Por iso me pareceu interesante dedicarlle unha publicación no meu blog xa que é un rico recurso para traballar o país de Francia, asíi como o idioma e cultura  francófona..

Ningún comentario :

Publicar un comentario