venres, 9 de maio de 2014

TÂCHE 5: COURSE D'ORIENTATION À PONTEVEDRA



1. Comment t´est-tu organisée pour réaliser cette  tâche ?
Para a realización desta tarefa primeiramente púxenme en contacto co meu compañeiro Iago é rapidamente buscamos a outras dúas compañeiras para formar o grupo. Unha vez consolidado o grupo o compañeiro Iago creou o evento no Facebook e decidimos chamarnos equipo “Lion”. Durante a realización do itinerario entre todos nos axudamos e intentamos facelo o mellor posible. Despois de realizar o itinerario, os meus compañeiros facilitáronme os seus correos electrónicos  e creei o prezi compartido. A partires de aí entre todos colaboramos no prezi. Unha vez metidos e organizadas as fotos e descrición procedemos a gravar os audios e subilos.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
A maior dificultade á hora de realizar esta tarefa foi a conexión con prezi, xa que desta vez o levar moitas fotografías colgábase continuamente. Unha das nosas dificultades como grupo á hora de realizar o itinerario foi o lío que nos causaba as rotondas, xa que entendíamos o contido pero non sabiamos por onde era a saída correcta.

3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
Con esta actividade aprendín claramente o vocabulario relacionado con indicacións, os nomes das diferentes institucións así como os diferentes comercios. Por suposto esta tarefa serviume para coñecer máis a fondo Pontevedra, xa que aínda que coñecía os lugares descoñecía a súa historia. Finalmente facer referencia que este tipo de actividades fan que se aprenda a traballar en grupo, a ser obxectivo, coherente e compañeiro/a.
4. Quel est ton avis général sur la tâche?
Esta actividade é un claro exemplo dunha metodoloxía adecuada e eficaz, xa que o ter que realizar o itinerario de forma práctica fai que te quedes moito mellor co vocabulario e sobre todo que se esperte un interés por aprender. E non solo se traballa vocabulario senón que tamén traballamos o ambiente que nos rodea no día a día.

Ningún comentario :

Publicar un comentario