xoves, 20 de marzo de 2014

TÂCHE 3: UN PETIT CHEZ SOI



1. Comment t´est-tu organisée pour réaliser cette  tâche ?
Primeiramente falei cas miñas compañeiras para realizar o grupo. A continuación individualmente buscamos diferentes lugares de Francia e logo na posta en común decidimos que o máis axeitado e que non estaba repetido era PERPIGNAN.
Unha vez elexido o sitio a compañeira Yoli fixo o evento no Facebook para consolidar o grupo. O paso seguinte foi buscar a vivenda, no noso caso una casa, tras esto de forma individual eleximos os mobles para as habitacións e posteriormente en grupo procedemos a escoller os mobles para as zonas comúns. Co lugar, ca casa e mobles elexidos comezados a elaborar o prezi, engadíndolle finalmente os audios.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
A maior dificultade que tivemos foi a conexión wifi da facultade, xa que por dúas veces nos vimos obrigadas a marchar sen realizar o traballo por mor de que non funcionaba internet.  Outra das dificultades foi a topar máis documentales de Perpignan que non fosen de voyager.snfc e que estiberan relativamente ben.
Decir aquí unha desventaxa do prezi, que atopamos un documental que estaba rexistrado noutra platarforma que non era youtube e non nola deixou subir.

3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
Esta tarefa serviume de moito en varios aspectos, por un lado familiarizarme completamente coa vocabulario de mobles, tipo de vivenda, adxectivos, masculino/feminino… E por outro lado coñecer o funcionamento de prezi, que pola miña parte me pareceu moi útil, sinxelo e práctico.

4. Quel est ton avis général sur la tâche?
Ata agora foi a tarefa que me pareceu máis complexa, pero  tamén coa que máis aprendín. Isto de facer  unha presentación a través de prezi, buscar en internet vivenda, mobles e lugares, fixo que nos familiarizásemos con outros aspectos non relacionados co tema.

Ningún comentario :

Publicar un comentario