Este
primeiro mes serviume para ver realmente o nivel do que parto, que cousas recordo
e cales non.
Estas primeiras
clases servíronme para repasar e profundizar no vocabulario que xa tiña
adquirido, así como repasar e coñecer normas de ortografía e pronunciación.
A miña
maior dificultade e o que mais me costa é a parte de comprensión oral, de feito
na clase A do día 17 de febreiro custoume bastante realizar os exercicios de
escoitar a descrición e sinalar a quen correspondía, xa que á velocidade a que
falan e a pouca axilidade que teño a hora de escoitar e comprender fixo que me
fose super difícil.
Recalcar
que durante este mes tiven dificultades para poñer ao día o blog, polo que a
partir de agora intentarei facer entradas tanto relacionadas coa cultura francesa
como redactar o avance, adquisición e dificultades das miñas aprendizaxes.
Teño
moita ilusión e ganas de seguir aprendendo para poder conseguir o meu principal
obxectivo, que como xa puxen en entradas anteriores é poder comunicarme con
meus primos pequenos que viven en Suiza e non saben falar nin español nin
galego. A polo obxectivo!!!!
Un
saúdo Alba Mosteiro
Ningún comentario :
Publicar un comentario