mércores, 29 de xaneiro de 2014

TÂCHE 1: Cou cou, c´est moi


1. Comment t´est-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, primeiramente rexistreime en Glogster e explorei un pouco o seu funcionamento. Cando tiña unha lixeira idea de como traballar co programa decidín escribir nun papel que aspectos destacar e como organizalos.
Decidín dividir a miña presentación en tres apartados: una pequena descrición persoal, una descrición da miña familia e as cousas que a min me gustan.
Una vez feito isto comecei a redactar en francés nun papel, coa axuda do dicionario para consultar aquelas palabras que non sabía. Rematado isto paseino a Glogster e intentando poñer o meu glog o máis bonito posible, axuntando finalmente o audio.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
        Para realizar a tarefa soamente tiven o problema de que o principio o programa Gologster non me cargaba correctamente e non me deixaba ver o meu glog enteiro. Pero una vez dado con problema, que era ter o Flash Player sen actualizar, conseguín rematar a miña tarefa perfectamente.

3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
         Esta tarefa serviume de gran axuda para recordar vocabulario que xa tiña esquecido, e sobre todo para valorar que cousas e persoas son importantes na miña vida.

4. Quel est-ton avis général sur la tâche?
Dende o meu punto de vista o principio asustoume un pouco a tarefa co motivo de ter que utilizar ferramentas que descoñecía, pero logo creo que é un aspecto moi enriquecedor para a nosa profesión.
Esta tarefa aportoume coñecementos sobre aplicacións e programas que me poden ser de gran axuda nun futuro e ademais serve para que dunha forma ou outra coñeza mellor os meus compañeiros e compañeiras.

Ningún comentario :

Publicar un comentario