Nesta pequena entrada vou contar o por que de elixir o idioma francés, xa
que no meu caso hai un gran motivo.
“Cando meu pai tiña arredor de vinte anos, tivo que marchar co seu irmán para
Suíza, xa que aquí non se vivía unha situación económica axeitada. Tras pasar
un ano alá meu pai decide volver, pero meu tío non.
Estando meu tío en Suíza forma unha familia, pero anos máis tarde decide volver para Galicia
xunto con miña tía e meu primo pequeno.
Meu primo o maior, José Manuel, decide quedarse alá e formar a súa propia
vida. Él é a clave de que me guste e de que teña tantas ganas de aprender o
idioma francés.
José Manuel ven todos os veráns a Galicia coa súa muller e os seus tres cativos,
e dado o erro de meu primo de non ensinarlle o galego ou español dende pequenos
non me podo comunicar con eles verbalmente.
Cando estou con eles síntome impotente de non poder falar e enredar máis
con eles, xa que me gusta moito estar con nenos e nenas,”
Este foi un breve resumo do meu obxectivo primordial que pretendo conseguir
con esta materia.
Merci, ata a próxima entrada.
Ningún comentario :
Publicar un comentario