xoves, 23 de xaneiro de 2014

O COMEZO DESTA NOVA ANDAINA

         Salut, o meu nome é Alba Mosteiro e gustaríame comezar publicando no meu blog como foi esta primeira semana de clase. 
Comezamos a primeira clase coñecendo ao docente Carlos, quen nos explicou como sería a forma de traballar da materia e en que consistía. Nun principio botei as mans a cabeza con tantas aplicacións, contas, perfís… pero creo que o longo da semana puiden observar que non era para tanto.
Na segunda clase, na hora b, coñecín a docente Patricia, con quen tivemos o primeiro contacto co idioma francés. Esta clase gustoume moito xa que tiña esquecido un pouco o idioma e serviume de gran axuda para recordar aspectos básicos.
       En canto os meus coñecemento sobre o idioma francés decir que estudei francés en toda a etapa de educación secundaria. Esta foi unha etapa onde me enamorei do francés, tanto das súas palabras como da súa facilidade, pero algo interrumpíu o meu aprendizaxe.Tras un mal plantexamento metodoloxico da docente tomei a decisión de non seguilo cursando no bacharelato. Foi unha etapa que aprendín moitas cousas e tiña moitas ganas, ata que a actitude da docente era un pouco innadecuada hacia a miña persona, incluso cheguei a pensar que me tiña manía. 
A súa metodoloxía estaba basada en dar vocabulario, exercicios e exame, non facía por motivarnos nin facernolo atractivo. Cando vín que no grao o podía cursar tomeino con moita ilusión e decidín retomalo, e non me arrepinto vou poñer toda a miña ilusión e ganas para aprobeitalo o máximo posible

Vémonos pronto, au revoir!

Ningún comentario :

Publicar un comentario