Na clases desta
semana repasamos e profundizamos no
vocabulario das partes da casa, así como dos diferentes tipos de inmobles,
mobles e complementos.
En canto o luns, o
docente Carlos explicounos en que consiste e cómo realizar a tarefa 3, que na
miña opinión me parece moi interesante, xa que é unha maneira de coñecer diferentes lugares de Francia e familiarizarse co diferente vocabulario
relacionado coa vivenda dun xeito creativo, divertido e cooperativo.
Nesta clase comezamos a
coñecer algún vocabulario, que o día seguinte, na sesión do martes ampliamos e
clasificamos coa docente Patricia. Puidemos traballar os diferentes tipos de
edificacións, as partes dunha casa e os mobles que hai en cada unha delas.
Toca traballar durante
todo o Entroido para buscar un sitio en Francia, elixir vivenda e crear e
decorar a miña propia habitación.
Au revoir!!!