mércores, 29 de xaneiro de 2014

TÂCHE 1: Cou cou, c´est moi


1. Comment t´est-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, primeiramente rexistreime en Glogster e explorei un pouco o seu funcionamento. Cando tiña unha lixeira idea de como traballar co programa decidín escribir nun papel que aspectos destacar e como organizalos.
Decidín dividir a miña presentación en tres apartados: una pequena descrición persoal, una descrición da miña familia e as cousas que a min me gustan.
Una vez feito isto comecei a redactar en francés nun papel, coa axuda do dicionario para consultar aquelas palabras que non sabía. Rematado isto paseino a Glogster e intentando poñer o meu glog o máis bonito posible, axuntando finalmente o audio.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
        Para realizar a tarefa soamente tiven o problema de que o principio o programa Gologster non me cargaba correctamente e non me deixaba ver o meu glog enteiro. Pero una vez dado con problema, que era ter o Flash Player sen actualizar, conseguín rematar a miña tarefa perfectamente.

3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
         Esta tarefa serviume de gran axuda para recordar vocabulario que xa tiña esquecido, e sobre todo para valorar que cousas e persoas son importantes na miña vida.

4. Quel est-ton avis général sur la tâche?
Dende o meu punto de vista o principio asustoume un pouco a tarefa co motivo de ter que utilizar ferramentas que descoñecía, pero logo creo que é un aspecto moi enriquecedor para a nosa profesión.
Esta tarefa aportoume coñecementos sobre aplicacións e programas que me poden ser de gran axuda nun futuro e ademais serve para que dunha forma ou outra coñeza mellor os meus compañeiros e compañeiras.

J`ADORE LE FRANÇAIS

Nesta pequena entrada vou contar o por que de elixir o idioma francés, xa que no meu caso hai un gran motivo. 

“Cando meu pai tiña arredor de vinte anos, tivo que marchar co seu irmán para Suíza, xa que aquí non se vivía unha situación económica axeitada. Tras pasar un ano alá meu pai decide volver, pero meu tío non.
Estando meu tío en Suíza forma unha familia,  pero anos máis tarde decide volver para Galicia  xunto con miña tía e meu primo pequeno.
Meu primo o maior, José Manuel, decide quedarse alá e formar a súa propia vida. Él é a clave de que me guste e de que teña tantas ganas de aprender o idioma francés.
José Manuel ven todos os veráns a Galicia coa súa muller e os seus tres cativos, e dado o erro de meu primo de non ensinarlle o galego ou español dende pequenos non me podo comunicar con eles verbalmente.
Cando estou con eles síntome impotente de non poder falar e enredar máis con eles, xa que me gusta moito estar con nenos e nenas,”

Este foi un breve resumo do meu obxectivo primordial que pretendo conseguir con esta materia.

         Merci, ata a próxima entrada.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

O COMEZO DESTA NOVA ANDAINA

         Salut, o meu nome é Alba Mosteiro e gustaríame comezar publicando no meu blog como foi esta primeira semana de clase. 
Comezamos a primeira clase coñecendo ao docente Carlos, quen nos explicou como sería a forma de traballar da materia e en que consistía. Nun principio botei as mans a cabeza con tantas aplicacións, contas, perfís… pero creo que o longo da semana puiden observar que non era para tanto.
Na segunda clase, na hora b, coñecín a docente Patricia, con quen tivemos o primeiro contacto co idioma francés. Esta clase gustoume moito xa que tiña esquecido un pouco o idioma e serviume de gran axuda para recordar aspectos básicos.
       En canto os meus coñecemento sobre o idioma francés decir que estudei francés en toda a etapa de educación secundaria. Esta foi unha etapa onde me enamorei do francés, tanto das súas palabras como da súa facilidade, pero algo interrumpíu o meu aprendizaxe.Tras un mal plantexamento metodoloxico da docente tomei a decisión de non seguilo cursando no bacharelato. Foi unha etapa que aprendín moitas cousas e tiña moitas ganas, ata que a actitude da docente era un pouco innadecuada hacia a miña persona, incluso cheguei a pensar que me tiña manía. 
A súa metodoloxía estaba basada en dar vocabulario, exercicios e exame, non facía por motivarnos nin facernolo atractivo. Cando vín que no grao o podía cursar tomeino con moita ilusión e decidín retomalo, e non me arrepinto vou poñer toda a miña ilusión e ganas para aprobeitalo o máximo posible

Vémonos pronto, au revoir!