martes, 13 de maio de 2014

LE MONDE DES PETITS

Le monde des petitis é unha canle de Youtube con milleiros de vídeos con recursos relacionados co idioma francés e cos nenos e nenas de infantil. Nesta canle pódense atopar dende cancións, ata vídeos de todo tipo de vocabulario. Gustaríame partillar todos aqueles vídeos que me gustaron pero serían milleiras de entradas, polo que prefiro facer referencia a esta canle é que nos quede de referencia para o noso futuro como mestras e mestres.

TOUT LE VOCABULAIRE


A continuación comparto un vídeo que xa compartín no grupo de Facebook xa hai varias semanas. Este vídeo serve como repaso do diferente vocabulario aprendido durante este cuatrimestre.
Vocabulaire comme:
les fruits, les légumes, les jours de la semaine, les mois, les saisons, les parties du corps, le visage, les doigts de la main, les vêtements, les metiers, les expressions du visage, les animaux, les chiffres, les couleurs, les formes et l'alphabet.

VALENTINA À PARIS


    Valentina en París é un libro que atopei o outro día na Biblioteca do Campus de Pontevedra.  Este libro pertence a unha colección que pretende apaixonar aos nenos e nenas para que viaxen, existen outros libros como: Valentina en Nueva York, Valentina en Barcelona, Valentina en Madrid, entre outros.

    Valentina en Paris  é un libro no que unha nena viaxe a París e visita cada un dos seus monumentos máis coñecidos, así como se centra no mundo da moda. Valentina é unha nena moi curiosa e aventureira que non para de facer preguntas, quere saber e entender as cousas, e sobre todo quere coñecer o mundo.

    Contarlles este tipo de contos aos nenos é unha maneira divertida é sinxela para que coñezan novos lugares, novos monumentos, novas costumes, novas comidas e incluso novos idiomas. Por iso me pareceu interesante dedicarlle unha publicación no meu blog xa que é un rico recurso para traballar o país de Francia, asíi como o idioma e cultura  francófona..

venres, 9 de maio de 2014

TÂCHE 5: COURSE D'ORIENTATION À PONTEVEDRA



1. Comment t´est-tu organisée pour réaliser cette  tâche ?
Para a realización desta tarefa primeiramente púxenme en contacto co meu compañeiro Iago é rapidamente buscamos a outras dúas compañeiras para formar o grupo. Unha vez consolidado o grupo o compañeiro Iago creou o evento no Facebook e decidimos chamarnos equipo “Lion”. Durante a realización do itinerario entre todos nos axudamos e intentamos facelo o mellor posible. Despois de realizar o itinerario, os meus compañeiros facilitáronme os seus correos electrónicos  e creei o prezi compartido. A partires de aí entre todos colaboramos no prezi. Unha vez metidos e organizadas as fotos e descrición procedemos a gravar os audios e subilos.

2. As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
A maior dificultade á hora de realizar esta tarefa foi a conexión con prezi, xa que desta vez o levar moitas fotografías colgábase continuamente. Unha das nosas dificultades como grupo á hora de realizar o itinerario foi o lío que nos causaba as rotondas, xa que entendíamos o contido pero non sabiamos por onde era a saída correcta.

3. Qu´est-ce que tu as appris grâce à cette tâche?
Con esta actividade aprendín claramente o vocabulario relacionado con indicacións, os nomes das diferentes institucións así como os diferentes comercios. Por suposto esta tarefa serviume para coñecer máis a fondo Pontevedra, xa que aínda que coñecía os lugares descoñecía a súa historia. Finalmente facer referencia que este tipo de actividades fan que se aprenda a traballar en grupo, a ser obxectivo, coherente e compañeiro/a.
4. Quel est ton avis général sur la tâche?
Esta actividade é un claro exemplo dunha metodoloxía adecuada e eficaz, xa que o ter que realizar o itinerario de forma práctica fai que te quedes moito mellor co vocabulario e sobre todo que se esperte un interés por aprender. E non solo se traballa vocabulario senón que tamén traballamos o ambiente que nos rodea no día a día.